Thursday 09 de May de 2024

Ordes acolle a súa III Exhibición de Ximnasia Rítmica


O polideportivo Castelao I acolleu esta fin de semana a III Exhibición de Ximnasia Rítmica Concello de Ordes. Nela participaron preto de 120 ximnastas con idades entre os 3 e os 14 anos, procedentes das escolas de Ordes, Carral, Abegondo, Oza dos Ríos e Cesuras. O público asistente, entre o que se atopaban o alcalde e o presidente da Mancomunidade de Ordes, desfrutou dos exercicios das modalidades pelota, mans libres, aro e cinta. Esta iniciativa ten lugar grazas á colaboración conxunta entre Adestra e o Concello de Ordes. A concelleira Ana Soneira foi a encargada de entregarlle a cada unha das deportistas un diploma.